Bases de Datos

Unha base de datos é un conxunto de datos que pertencen ao mesmo contexto almacenados sistemáticamente para o seu uso posterior.

Na acutalidade, e grazas ao desenvolvemento tecnolóxico de campos como a informática e a electrónica, a maioría das bases de datos teñen formato electrónico, que ofrece un amplo rango de solucións ao problema de almacenar datos.

En informática existen os sistemas xestores de bases de datos (SGBD), que permiten almacenar e posteriormente acceder aos datos de forma rápida e estruturada. As propiedades dos sistemas xestores de bases de datos estúdanse en informática.

As aplicacións máis usuais son para a xestión de empresas e institucións públicas. Tamén son amplamente utilizadas en contornos científicos co obxecto de almacenar a información experimental.

Aínda que as bases de datos poden conter moitos tipo de datos, algúns deles atópanse protexidos polas leis de varios países.

  • Icono (imagen) PostgreSQL

    Sistema xestor de bases de datos relacional e orientado a obxectos, de gran escalabilidade.

  • Icono (imagen) MySQL 5.0.15

    Servidor de bases de datos SQL.