Multimedia

A evolución da ciencia e a tecnoloxía fan necesario o manexo e procesamento da información, constituíndose os sistemas de información e a multimedia en disciplinas indispensábeis na formación na formación educativa do alumnado e tamén do corpo docente.

A informática en xeral e a multimedia en particular, constitúen campos dentro da tecnoloxía que presentaron maior evolución e progreso incidindo dunha maneira directa na comunicación, moi importante en calquera proceso educativo.

A continuación, presentamos unha serie de programas multimedia para reproducir música, audio, editar imaxes, retocar fotografías, etc.

  • Imagen como Icono Editores de vídeo

    Programas para editar os teus vídeos, mesturalos, aplicar efectos... ou convertelos entre diversos formatos.

  • Imagen como Icono Reproductores multimedia

    Estes programas de computador son capaces de mostrar un abanico de contidos multimedia como reprodución de son, vídeo e imaxes.

  • Imagen como Icono Editores de audio

    Estes editores permitiranche gravar, editar, mesturar sons, aplicar efectos e toda clase de tarefas relacionadas co son dixital.