Ofimática

A informática fíxose imprescindíbel na oficina. A fusión dos traballos de oficina e da informática dou lugar á Ofimática. Así pois, enténdese como Ofimática todo o relacionado coa organización do traballo nas oficinas, despachos, etc. e o apoio a estas tarefas mediante o computador.

A oficina, e por tanto a ofimática, que non é máis que a tecnoloxía aplicada á oficina, é un contorno onde existen tarefas tan diversas como o tratamento de documentos ou a comunicación telefónica.

A ofimática ten que proporcionar ferramentas que faciliten á persoa usuaria a tarefa a realizar como aplicacións de produtividade persoal, administradores de bases de datos, follas de cálculo, procesadores de textos, presentadores de ideas, gráficos, etc.

  • Imagen como Icono Suites ofimáticas

    Paquetes integrados de programas informáticos deseñados para o traballo de oficina compostos por un procesador de textos, unha folla de cáculo e moitas ferramentas máis.

  • Imagen como Icono Procesadores de texto

    Con estes programas informáticos poderemos compor, dar formato, modificar ou imprimir documentos. E pódense incluír imaxes e mesturar outros datos.

  • Imagen como Icono PDF

    Formato de Documento Portátiles, unha forma de almacenamento de documentos que permite gardar unha combinación de texto, gráficos, imaxes ou mesmo música.

  • Imagen como Icono Dicionarios

    Nos dicionarios virtuais podemos consultar palabras e termos. A información que proporciona varía segundo o tipo de dicionario do que se trata: da lingua, etimológicos, de sinónimos e antónimos, de idiomas, etc.

  • Imagen como Icono Axendas e calendarios

    Para organizar a túa vida laboral e persoal mediante a programación de tarefas, citas, aniversarios e outros eventos importantes, ferramenta de alarmas, etc.