Programas Educativos

Os Programas Educativos contribúen á mellora da calidade e da eficacia dos sistemas educativos e de formación. Facilitan o acceso á sociedade da información ao persoal docente, estudantes e aprendices, familiarizándose co uso destes novos instrumentos e proporcionando formación nas materias.

Estes programas fan que a aprendizaxe sexa máis interactiva, exploratoria, significativa e creativa. Tamén facilitan a adquisición de habilidades cognitivas e metacognitivas e, ao crear situacións de tipo lúdico, a aprendizaxe é moi motivadora.

Algúns destes programas son executables, podéndose descargar directamente. Para as persoas que precisen algún tipo de configuración adicional, débese solicitar a súa instalación.

Para solicitar a instalación de algún programa, pode poñerse en contacto coa persoa encargada da aula ou co equipo da xestión da Intranet Municipal

  • Icono (imagen) Sebran

    Sebran é un conxunto de 12 xogos para nenos e nenas entre 4 e 9 anos nos que se practican os números e operacións aritméticas, a lectura e a memoria.

  • Icono (imagen) PySyCache

    PySyCache é un conxunto de 5 actividades para ensinar a nenos entre 4 e 7 anos a utilizar o rato.

  • Loga Loga

    Loga é unha aplicación informática baseada na linguaxe LOGO,pero cun vocabulario reducido e localizado ao galego, deseñada para incluirse en páxinas web.

  • Scratch Scratch

    Un programa educativo que ten a intención de facer a programación accesible a calquera.

  • Icono (imagen) Crocodile Clips

    Atoparás unha chea de Software para que a aprendizaxe de física, química, tecnoloxía, matemáticas, etc sexa máis divertida e motivadora.

  • Icono (imagen) Ardora

    Aplicación informática que permite, a todo o corpo docente, crear as súas propias actividades, en formato html, para o seu alumnado dunha forma moi sinxela.

  • Icono (imagen) Squeak

    Squeak é unha ferramenta e unha contorna de creación multimedia, especialmente adecuado para fins educativos.

  • Icono (imagen) GCompris

    GCompris é un programa de cómputo educacional con diferentes actividades para nenos e nenas entre 2 e 10 anos de idade. Algunhas actividades son como xogos, pero sempre son educacionais.

  • Imagen como Icono Mecanografía

    Aprender a teclear correctamente e dunha forma máis divertida, cos dous sinxelos programas que che ofrecemos. Se es constante poderás chegar a ter unha gran velocidade ao teclado!

  • Image ABCpint

    ABCpint axudará aos máis pequenos e ás máis pequenas a familiarizarse co movemento do rato, as cores e a identificación dos nomes de cousas.