Xogos

Os materiais multimedia educativos, como os materiais didácticos en xeral, poden realizar múltiples funcións nos procesos de ensinanza e aprendizaxe.

As principais funcións que poden realizar os recursos educativos multimedia son as seguintes: informativa, instrutiva ou entrenadora, motivadora, avaliadora contorno para a exploración e a experimentación, expresivo-comunicativa, metalingüística, lúdica, proveedora de recursos para procesar datos, innovadora, apoio á orientación escolar e profesional, apoio á organización e xestión de centros...

Sen dúbida, o uso destes atractivos e interactivos materiais multimedia, ben orientados e combinados con recursos como libros e xornais, poden favorecer os procesos de ensinanza e aprendizaxe grupais e individuais. Algunhas das súas principais aportacións neste sentido son as seguintes: proporcionar información, avivar o interese, manter unha continua actividade intelectual, orientar aprendizaxes, promover aprendizaxes a partir dos erros, facilitar a avaliación e o control, posibilitar o traballo individual e tamén en grupo.

Propoñemos nesta sección xogos que sexan atractivos para os nosos usuarios e as nosas usuarias máis novas e maiores, que sendo divertidos non perdan o seu carácter educativo.

Para solicitar a instalación dalgún programa, pode poñerse en contacto coa persoa encargada da aula ou coa equipa de xestión da Intranet Municipal.

  • Icono como imagen Sopas de letras

    Atopa as palabras escondidas nunha nube de letras. Este xogo é adecuado para o desenvolvemento de conceptos verbais.

  • Emblema Crucigramas

    Atopa as palabras agochadas nas celdas a través das pistas. Este xogo axudarache a familiarizarte con certo vocabulario e reforzan a linguaxe do mesmo

  • Ajedrez Xadrez na rede

    Xogo de xadrez na rede, divírtete xogando contra os contrincantes de toda a intranet educativa municipal. Verás as túas puntuacións da partida e a clasificación dos resultados dos outros xogadores e das outras xogadoras.

  • Ahorcad Aforcado

    Neste xogo do aforcado temos que descubrir unha palabra oculta seleccionando as letras que cremos que poden formala. Manéxase facilmente e é moi divertido.

  • Triángulos Tangram

    Este crebacabezas chinés, obtense de dividir un polígono en figuras xeométricas máis pequenas e con elas pódense facer siluetas de obxectos. Estimula a imaxinación xa que é un xogo construtivo e didáctico.