A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados, preferentemente, no termo municipal do concello da Coruña.

Na actualidade a REIM está constituída por 9 centros:

  • A. Orzán
  • Arela
  • A Caracola
  • Carmen Cervigón
  • Carricanta
  • Os Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Os Rosales
  • A. Orzán
  • Arela
  • Caracola
  • C. Cervigón
  • Carricanta
  • Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Rosales

Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM)

Image

Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM)

Constituida por 9 escolas que atenden a menores de 0 a 3 anos:

  • EIM A Caracola
  • EIM Agra do Orzán
  • EIM Arela
  • EIM Carricanta
  • EIM Los Rosales
  • EIM Luís Seoane
  • EIM Monte Alto
  • EIM Os Cativos
  • Escola Infantil Carmen Cervigón

O titular é o Concello da Coruña. A xestión está confiada a empresas concesionarias. O Concello aporta máis do 50% do custo do posto escolar.

Están sometidas á normativa vixente para as escolas do primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3 anos), e ao Regulamento de organización e funcionamento da Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña, publicado no BOP da Coruña do 15 de abril de 2014.

Ademais, réxense por un Regulamento de Réxime Interno propio e identificativo, no que se recollen as normas de convivencia, de organización e funcionamento de cada unha delas.

A REIM ofrece un servizo educativo de calidade para a primeira infancia, entendendo a educación como un dereito do/a neno/a para o desenvolvemento integral da súa personalidade (físico, afectivo, intelectual, moral e social), nun ambiente adecuado ás súas necesidades e en contacto con outros/as nenos/as. Esta función educativa é complementaria á educación recibida no seo do propio ambiente familiar.