A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados, preferentemente, no termo municipal do concello da Coruña.

Na actualidade a REIM está constituída por 9 centros:

  • A. Orzán
  • Arela
  • A Caracola
  • Carmen Cervigón
  • Carricanta
  • Os Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Os Rosales
  • A. Orzán
  • Arela
  • Caracola
  • C. Cervigón
  • Carricanta
  • Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Rosales

CALENDARIO CURSO 2017-2018

RESERVA DE PRAZA

Os nenos e nenas escolarizados/as durante o curso 2017-2018 na rede de escolas infantís municipais, terán dereito á renovación da súa praza nas seguintes datas.

  • Do 27 de marzo ao 7 de abril de 2017 na propia escola

(Exíxese para a renovación: estar ao día no pagamento das cuotas mensuais e actualizar a documentación da situación económica, familiar e de residencia no municipio)

NOVOS INGRESOS para menores nados en 2015, 2016 e 2017

  • Publicación prazas dispoñibles: 17 de abril
  • Prazo solicitude: Do 18 de abril ao 4 de maio (ambos incluidos)

Documentación REIM

Poderá solicitarse praza nun máximo de 2 Escolas Infantís Municipais. Presentarase a documentación esixida en cada unha delas. De incumplirse esta norma o solicitante pasará a ocupar o último lugar na relación de solicitudes, independientemente da puntuación obtida. Unha vez pechado o prazo de solicitudes non se permitirá a alegación nin a xustificación de méritos.

  • Consellos escolares: 9 e 10 de maio
  • Comisión de escolarización: 11 de maio
  • Publicación listas provisionais: 12 de maio
  • Prazo de reclamacións: do 15 ao29 de maio

As reclamacións consideraranse resoltas coa publicación das puntuacións definitivas. Durante este período, non serán admitidos nin valorados novos documentos que non fosen presentados no prazo de solicitude.

Rematado o prazo de reclamacións celebraranse os novos Consellos escolares: 26 de maio e Comisión de escolarización: 29 de maio.

  • Publicación listas definitivas e listas de agarda: 1 de xuño
  • Prazo de matrícula: do 1 ao 14 de xuño

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2017-2018: 5 de setembro de 2017