A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados, preferentemente, no termo municipal do concello da Coruña.

Na actualidade a REIM está constituída por 9 centros:

  • A. Orzán
  • Arela
  • A Caracola
  • Carmen Cervigón
  • Carricanta
  • Os Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Os Rosales
  • A. Orzán
  • Arela
  • Caracola
  • C. Cervigón
  • Carricanta
  • Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Rosales

Documentación

Poderá solicitarse praza nun máximo de 2 escolas infantís municipais. De incumplirse esta norma, o solicitante pasará a ocupar o último lugar da relación de solicitudes, independientemente da puntuación obtida. A documentación presentarase por separado en cada unha delas e no horario de secretaría de cada escola.

As familias interesadas en solicitar praza nalgunha escola da rede municipal para o curso 2017-2018 presentarán a seguinte documentación na/s escola/s correspondente/s:

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

  • Impreso de solicitude de praza, facilitado en cada escola da REIM e na web www.edu.coruna.es
  • Volante de convivencia (documento orixinal con data actualizada do mes de abril ou maio)
  • Fotocopia do DNI/NIE ou documento acreditativo da identidade de ambos proxenitores ou titores legais (deberá acompañarse do orixinal).
  • Fotocopia do Libro de familia ou documento que o substitúa legalmente (deberá acompañarse do orixinal).

(A NON PRESENTACIÓN DESTA DOCUMENTACIÓN EN PRAZO, SUPORÁ A EXCLUSIÓN DO PROCESO)

DOCUMENTACIÓN OPCIONAL

  • Discapacidade: fotocopia do certificado expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia (ou equivalentes doutras administracións).
  • Impreso de autorización para a obtención de datos tributarios correspondentes ao ano fiscal 2015, asinado por ambos pais ou titores legais, tanto si óptase por tributación conxunta ou individual. No caso de separación ou divorcio teranse en conta os datos tributarios da persoa que ostente a garda e custodia do/a menor.

As persoas non obrigadas a declarar presentarán igualmente a dita autorización. É obrigación e responsabilidade das familias estar ao corrente dos seus datos fiscais ante a Axencia Tributaria.

Non se terán en conta os datos das familias sobre as que Facenda non certifique o peche do ano fiscal correspondente ou non estean dados de alta na AEAT.

  • Situación laboral dos proxenitores ou titores legais:

No caso de persoas traballadoras por conta allea: vida laboral ou certificado de empresa actualizados no mes de abril.

No caso de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas: copia do último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social no réxime especial de traballadores por conta propia ou da correspondente mutualidade.

Nos casos de baixas maternais ou excedencias de traballo: presentarase xustificante da Seguridade Social ou certificado da empresa con indicación da data de incorporación que deberá ser anterior ao 1 de outubro.

A situación de desemprego acreditarase coa certificación de ser demandante de emprego da nai, pai ou titores legais, con efectos desde o mes de abril.

A condición de familia numerosa acreditarase coa fotocopia do título de familia numerosa actualizado.

No caso de separación/divorcio ou familia monoparental: copia da sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais. Enténdese por familia monoparental a unidade familiar formada por unha única persoa proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que a outra persoa proxenitora non contribúa económicamente ao seu sustento.

Nos casos de acollemento presentarase copia da resolución administrativa.

(A NON PRESENTACIÓN DESTA DOCUMENTACIÓN EN PRAZO, SUPORÁ A RENUNCIA IMPLÍCITA Á VALORACIÓN NO APARTADO CORRESPONDENTE EN BASE AO BAREMO ESTABLECIDO)

As fotocopias dos documentos solicitados deberán ir acompañadas dos seus correspondentes orixinais para ser cotexadas na propia escola. Unha vez pechado o prazo de solicitude non se admitirán documentos que supoñan unha alegación de novos méritos.

Para poder obter as puntuacións establecidas en todos os criterios de valoración é necesario que se constate o total cumprimento das condicións requiridas con anterioridade á data de finalización do período de presentación de solicitudes.