A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados, preferentemente, no termo municipal do concello da Coruña.

Na actualidade a REIM está constituída por 9 centros:

  • A. Orzán
  • Arela
  • A Caracola
  • Carmen Cervigón
  • Carricanta
  • Os Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Os Rosales
  • A. Orzán
  • Arela
  • Caracola
  • C. Cervigón
  • Carricanta
  • Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Rosales

Calendario Escolar

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2017-18

O curso dará comenzo o día 5 de setembro de 2017 e remata o 31 de xullo de 2018. Os centros permanecerán abertos de luns a venres exceptuando os seguintes días non lectivos:

Ano 2017

  • 12 de outubro: Día do Pilar
  • 1 de novembro: Día de Difuntos
  • 6 de decembro: Día da Constitución
  • 7 de decembro: Día do ensino
  • 8 de decembro: Día da Inmaculada
  • 25 de decembro: Día de Nadal

Ano 2018

  • 1 de xaneiro: Aninovo
  • 12 e 13 de febreiro: Entroido
  • 8 de marzo: Día internacional da muller
  • 29 e 30 de marzo: Semana Santa
  • 1 de maio: Día do Traballo
  • 17 de maio: Día das Letras Galegas
  • 25 de xullo: Día da Patria Galega

Estableceranse servizos mínimos durante as vacacións escolares de nadal, entroido, semana santa e verán (a partir do 29 de xuño, data incluída). Os servizos mínimos comprenden as seis horas do horario escolar e o servizo de comedor.