A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados, preferentemente, no termo municipal do concello da Coruña.

Na actualidade a REIM está constituída por 9 centros:

  • A. Orzán
  • Arela
  • A Caracola
  • Carmen Cervigón
  • Carricanta
  • Os Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Os Rosales
  • A. Orzán
  • Arela
  • Caracola
  • C. Cervigón
  • Carricanta
  • Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Rosales

Calendario do proceso de escolarización

RESERVA DE PRAZA

Os nenos e nenas escolarizados/as durante o curso 2017-2018 na Rede de Escolas Infantís Municipais, terán dereito á renovación da súa praza nas seguintes datas.

  • Do 3 ao 12 de abril de 2018 na propia escola

(Exíxese para a renovación: estar ao día no pagamento das cotas mensuais e actualizar a documentación da situación económica, familiar e de residencia no municipio)

NOVOS INGRESOS para menores nados en 2016, 2017 e 2018

  • Publicación das prazas vacantes para o novo curso: 16 de abril
  • Prazo solicitude: do 17 de abril ao 4 de maio (ambos incluidos)

Documentación REIM

Poderá solicitarse praza nun máximo de 2 escolas infantís municipais. Presentarase a documentación esixida en cada unha delas. De incumplirse esta norma o solicitante pasará a ocupar o último lugar na relación de solicitudes, independientemente da puntuación obtida. Unha vez pechado o prazo de solicitudes non se permitirá a alegación nin a xustificación de méritos.

  • Celebración dos consellos escolares: 8 e 9 de maio
  • Comisión de escolarización: 11 de maio
  • Publicación das listas provisionais: 14 de maio
  • Prazo de reclamacións: do 15 ao 29 de maio

As reclamacións consideraranse resoltas coa publicación das puntuacións definitivas. Durante este período, non serán admitidos nin valorados novos documentos que non fosen presentados no prazo de solicitude.

Rematado o prazo de reclamacións celebraranse os novos consellos escolares: 30 de maio e Comisión de escolarización: 31 de maio.

  • Publicación listas definitivas e listas de agarda: 1 de xuño
  • Prazo de matrícula: do 1 ao 14 de xuño

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2018-2019: 5 de setembro de 2018