A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados, preferentemente, no termo municipal do concello da Coruña.

Na actualidade a REIM está constituída por 9 centros:

  • A. Orzán
  • Arela
  • A Caracola
  • Carmen Cervigón
  • Carricanta
  • Os Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Os Rosales
  • A. Orzán
  • Arela
  • Caracola
  • C. Cervigón
  • Carricanta
  • Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Rosales

Requisitos e criterios

REQUISITOS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

REQUISITOS DE ACCESO: segundo o Regulamento de Organización e Funcionamento da Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña (BOP 15 de abril de 2014). Art. 24.3

  • Ter cumpridos, como mínimo, os 3 meses de idade na data de comezo do curso, e non ter cumpridos os 3 anos a 31 de decembro do 2018
  • Poderase flexibilizar este requisito para aqueles/as menores con NEAE susceptibles de integración. Para iso, presentarase ante a Comisión de Escolarización un informe do Equipo de Orientación Específico ou outra entidade pública especializada, en que se certifique oficialmente a discapacidade, acompañada dun informe da Dirección da escola en que se valore se os recursos estruturais, materiais e humanos de que dispón son os adecuados para a educación e atención do/a menor.

CRITERIOS PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:

1. Criterios de prioridade

  • En primeiro lugar, terán preferencia para obter praza nas EIM os/as menores que acrediten vivir empadroados/as no Concello con algún dos seus proxenitores e titores con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano en que se solicita a praza.
  • En segundo lugar, e se existisen vacantes, poderán obter praza os/as menores empadroados/as no Concello con posterioridade ao 1 de xaneiro do ano en que se solicita praza.
  • En terceiro lugar, e se existiren vacantes, poderán obter praza os/as menores empadroados/as noutros concellos, sempre que algún dos seus proxenitores ou titores traballe nunha entidade pública ou privada situada no termo municipal do Concello.
  • En cuarto lugar, e se existisen prazas vacantes, poderán obter praza menores doutros concellos.

2. Criterios de baremación:

1.- Renda anual da unidade familiar:

Tramos para puntuar a renda anual da unidade familiar:

  • Inferior ao 100% do IPREM: 4.00 puntos
  • Entre o 100% e inferior ao 125% do IPREM: 3.75 puntos
  • Entre o 125% e inferior ao 150% do IPREM: 3.50 puntos
  • Entre o 150% e inferior ao 175% do IPREM: 3.25 puntos
  • Entre o 175% e inferior ao 200% do IPREM: 3.00 puntos
  • Entre o 200% e inferior ao 225% do IPREM: 2.75 puntos
  • Entre o 225% e inferior ao 250% do IPREM: 2.50 puntos
  • Entre o 250% e inferior ao 275% do IPREM: 2.00 puntos
  • Entre o 275% e inferior ao 300% do IPREM: 1.50 puntos
  • Entre o 300% e inferior ao 325% do IPREM: 1.00 puntos
  • Entre o 325% e inferior ao 350% do IPREM: 0.50 puntos
  • Superior ao 350% do IPREM: 0.00 puntos

IPREM= Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, contía para o 2016: 7.519,59 €/ano

Datos tributarios: referidos aos cadros 392 e 405 da declaración da renda do ano 2016

2.- Situación sociofamiliar:

  • Minusvalía do menor solicitante (mínimo 33%): 3 puntos
  • Condición de familia numerosa: 3 puntos
  • Irmáns/ás solicitando praza simultáneamente: 3 puntos
  • Primeiro irmán/á con praza renovada na REIM: 3 puntos
  • Por cada membro da unidade familiar: 2 puntos
  • Condición de familia monoparental: 2 puntos
  • Por cada membro da unidade familiar afectado por discapacidade que non sexa o/a menor para o/a que se solicita a praza (mínimo 33%): 2 puntos
  • Por cada un dos irmáns/ás seguintes con praza renovada na REIM: 1 punto

3.- Situación laboral

  • Ocupación da nai (mínimo 4 horas diarias): 4 puntos
  • Ocupación do pai (mínimo 4 horas diarias): 4 puntos
  • Situación laboral de desemprego da nai: 2 puntos
  • Situación laboral de desemprego do pai: 2 puntos

No caso de familia monoparental a puntuación correspondente neste apartado, adxudicaráse multiplicada por dous.

3. Criterios de desempate para aplicar en orden preferente:

  1. Maior puntuación por irmáns/ás nas escolas da REIM (con praza renovada)
  2. Presentación da solicitude de praza para máis dun/unha irmán/a no mesmo curso escolar
  3. Discapacidade do/a menor solicitante
  4. Situación laboral de ocupación de ambos proxenitores ou titores así como do pai ou nai no caso de familia monoparental
  5. Puntuación por outros membros a cargo da unidade familiar
  6. Minusvalía doutro membro da unidade familiar
  7. Maior puntuación por renda
  8. Sorteo de letra realizado pola Consellería competente na materia. (Primeiro apelido “CJ”. Segundo apelido: “ZT”)