A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados, preferentemente, no termo municipal do concello da Coruña.

Na actualidade a REIM está constituída por 9 centros:

  • A. Orzán
  • Arela
  • A Caracola
  • Carmen Cervigón
  • Carricanta
  • Os Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Os Rosales
  • A. Orzán
  • Arela
  • Caracola
  • C. Cervigón
  • Carricanta
  • Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Rosales

Programa Alerta Escolar

Image

Convenio de colaboración entre a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e o Concello da Coruña para a implantación do Programa Alerta Escolar na Rede de Escolas Infantís Municipais REIM

O Programa ALERTA ESCOLAR comprende un conxunto de iniciativas e actuacións dirixidas a que o persoal educativo da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) do Concello da Coruña:

  • sexa capaz de recoñecer unha situación que requira da actuación do 061,
  • realizar os xestos fundamentais para salvar as vidas dos alumnos e alumnas que presenten algunhas patoloxías para as que o referido programa foi deseñado e
  • alertar eficazmente á Central de Coordinación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de forma que se logre un alto nivel de eficacia e unha racional utilización dos recursos de atención ás emerxencias dispoñibles.

Compromisos (Sanidade)

  • Información a todos/as os/as pediatras da Comunidade Autónoma que reflexe a posta en marcha do Programa “Alerta Escolar”, o seu sentido e significado.
  • Elaboración dunhas recomendacións xerais e guías de actuación de uso fácil e de rápida aplicación que lle servirá ao profesorado para recoñecer o cadro clínico das patoloxías incluídas no Programa “Alerta Escolar”, como paso previo ao de solicitar asistencia sanitaria a través do número de teléfono 061.
  • Elaboración de carteis informativos do Programa “Alerta Escolar”, que serán expostos nos centros, así como de dípticos dirixidos aos pais/nais, nos que se lle informa de todo o relativo ao desenvolvemento do Programa. Ambos en número suficiente como para garantir a súa adecuada difusión
  • Levar a cabo un plano de formación sobre soporte vital, RCP e primeiros auxilios nos centros.

Compromisos (Rede de Escolas Infantís Municipais)

  • Publicar a información sobre o programa no portal educativo da Concello da Coruña (www.edu.coruna.es)
  • Difusión do programa a todas as familias: información e documentación necesaria para incluír aos seus fillos e fillas, de ser o caso, no Programa “Alerta Escolar”
  • Creación dun ficheiro, de acordo coa Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro sobre Protección de Datos de Carácter Persoal, coa finalidade de conter a información máis relevante do alumnado incurso no Programa “Alerta Escolar

Patoloxías incluídas no programa

  • EPILEPSIA. Afección crónica que se caracteriza pola repetición de crises debidas a unha descarga excesiva nas neuronas cerebrais. A crise convulsiva é un tipo de crise epiléptica
  • SHOCK ANAFILÁCTICO. Síndrome clínico de hipersensibilidade grave, caracterizado por alteracións cardiovasculares e respiratorias. Sempre existe un axente desencadeante, que recibe o nome de alerxeno
  • DIABETE. Caracterízase pola existencia de niveis moi baixos de glucosa en sangue. Non sempre se manifesta clínicamente, e cando o fai, os síntomas desaparecen ao normalizarse a glicemia co tratamento.