A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados, preferentemente, no termo municipal do concello da Coruña.

Na actualidade a REIM está constituída por 9 centros:

  • A. Orzán
  • Arela
  • A Caracola
  • Carmen Cervigón
  • Carricanta
  • Os Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Os Rosales
  • A. Orzán
  • Arela
  • Caracola
  • C. Cervigón
  • Carricanta
  • Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Rosales

Tarifas e servizos

TARIFAS E SERVIZOS

Son comúns a todas as escolas da Rede. As tarifas a aboar polas familias nos distintos servizos para o curso 2017-2018, son as seguintes:

TARIFAS DE ESCOLARIDADE

Estas tarifas cubrirán os custos do horario normalizado de atención educativa (6 horas diarias) e o servizo de orientación.

Establécense en proporción aos ingresos anuais per cápita da unidade familiar:

  • Tarifa 0: 0€/mes (familias que cumpran os requisitos do artigo 27.6 e 27.7 do regulamento)
  • Tarifa 1: 5€/mes (familias con ingresos per cápita < 50% IPREM)
  • Tarifa 2: 20€/mes (familias con ingresos per cápita >50% - <75% IPREM)
  • Tarifa 3: 40€/mes (familias con ingresos per cápita >75% - <100% IPREM)
  • Tarifa 4: 60€/mes (familias con ingresos per cápita >100% - <125% IPREM)
  • Tarifa 5: 80€/mes (familias con ingresos per cápita >125% - <150% IPREM)
  • Tarifa 6: 95€/mes (familias con ingresos per cápita >150% - <200% IPREM)
  • Tarifa 7: 105€/mes (familias con ingresos per cápita >200% IPREM)

Tarifa menores non empadroados/as no Concello da Coruña: 262,95€

(*) A renda per cápita da unidade familiar será a resultante da suma total dos ingresos anuais de todos os membros da unidade familiar, dividida entre o número de persoas que compoñen a dita unidade familiar. Para estes efectos, considerarase unidade familiar a formada polos fillos/as menores, agás que , con consentimento do/a pai/nai, vivan de xeito independente. Os/as fillos/as maiores de idade que residan no domicilio familiar e dependan economicamente dos proxenitores e se atopen nalgún destes supostos: nunha situación de incapacitación xudicial e patria potestade prorrogada ou rehabilitada, que por razón de estudos residan durante o curso noutra localidade ou que teñan recoñecido un grao de discapacidade superior ao 33 por cento. Nas familias monoparentais, incrementarase en 0.8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

OUTRAS TARIFAS COMPLEMENTARIAS

  • COMEDOR: 80 €/ mes
  • ALMORZOS: 14 €/mes
  • MERIENDAS: 23 €/mes
  • AMPLIACIÓN DE XORNADA: por cada hora de ampliación 15 €/ mes