O papel do representante municipal e do concello

O/A REPRESENTANTE MUNICIPAL:

O/A Representante Municipal ten que intervir no Consello Escolar como un membro máis, cumprindo coas funcións e tarefas encomendadas pola lexislación vixente.

Sen embargo, TRÁTASE DUNHA REPRESENTACIÓN INSTITUCIONAL, de forma que a súa actuación ten que ser especialmente responsable, rigurosa e cualificada.

Iso, esixe unhas determinadas ACTITUDES E CAPACIDADES:

1. Un Coñecemento profundo do mundo escolar:

  • Coñecer a realidade do centro educativo e o seu contorno.

  • Coñecer, interpretar e utilizar correctamente os preceptos legais que regulan:

    • Os órganos de goberno do centro

    • As competencias e actividades do Concello

    • Os documentos de xestión do centro (Proxecto Educativo, Plan anual, Reglamento de Réxime Interno, Memoria), co fin de proporcionar elementos e suxerencias para a súa elaboración e seguimento.

    • A vida administrativa do centro (admisión de alumnos, ...)

    • A xestión técnico-didáctica (horarios, normalización lingüística,...)

2. A capacidade de aportar unha visión externa e cualificada no estudo dos problemas e na toma de decisións.

Ademáis, REQUIRE UNHA FUNCIÓN SOCIAL, que supón:

  1. Exercer o control social sobre o funcionamento do Consello Escolar: garantizar a democracia e a observancia dos preceptos legais.

  2. Velar para que o Consello Escolar promova unha xestión participativa e democrática.

  3. Facilitar o coñecemeento mutuo e o traballo en equipo entre os distintos sectores da Comunidade Educativa e, entre ésta e outras entidades e asociacións.

  4. Servir de canal de transmisión entre o Concello e o centro: promover os programas educativos municipais

  5. Proporcionar ao Concello información sobre a situación do centro, para que éste poida deseñar plans de actuación adecuados ás súas necesidades.

O CONCELLO: SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN

  • Ten que INFORMAR, FORMAR E ASESORAR aos seus representantes municipais.

  • A SÚA FUNCIÓN É EMINENTEMENTE TÉCNICA: trátase de cumprir coas súas competencias en materia educativa e xestionar programas educativos e actividades complementarias.

REPRESENTANTES MUNICIPAIS EN CONSELLOS ESCOLARES. CAPACIDADES BÁSICAS

1- Coñecer e situarse na realidade escolar do centro onde se ten que intervir.

2- Interpretar e utilizar correctamente os preceptos legais que regulan:

  • A vida profesional do profesorado de centros públicos (función pública, adscrición do profesorado, dedicacións, acceso á docencia, licencias, etc.)

  • A vida administrativa (admisión de alumnos, burocracia escolar, Lei de Procedemento Administrativo, libros e rexistros, etc.)

  • O ámbito de xestión técnico-didáctico (calendarios e horarios, orientacións e programas, leis de normalización lingüística,..)

  • Os órganos de goberno (LODE e disposicións que a desenvolven, etc.)

  • A intervención da Administración Local (Lei 7/85 Reguladora das Bases de Réxime Local, etc.)

3 - Dar suxerencias e proporcionar elementos para a elaboración de:

  • O Proxecto Educativo de Centro

  • O Reglamento de Réxime Interno

  • O Plan Anual de Centro

  • A Memoria de Centro

  • Instrumentos de evaluación formativa interna

4 - Actuar como canal de transmisión entre o Concello e o Centro para dar a coñecer as actividades dos servizos pedagóxicos municipais e outras prestacións de carácter educativo.

5 - Proporcionar información ao distrito e á área o concellaría de ensinanza para que poidan coñecer a situación de cada Centro e deseñar plans de actuación que se adecuen ás súas necesidades e expectativa.

6 - Facilitar o coñecemento mutuo e o traballo cooperativo entre o Claustro e a APA, Asociación de alumnos, Asociación de veciños, Movementos de Profesores da zona e outros movementos asociativos con incidencia no Centro.

7 - Exercer un control social sobre o funcionamiento do Consello Escolar, garantizando o cumprimento dos principios democráticos e a observancia dos preceptos legais.

8 - Velar porque o CEC promova unha xestión participativa e democrática do Centro, aportando unha visión externa cualificada respecto aos problemas e ás tomas de decisións que son responsabilidade do Consello.

9 - Utilizar os recursos que ofrece o coñecemento da dinámica de grupos co fin de optimizar a eficacia das sesións do Consello.

(ANTUNEZ, S y VINTRO, E: Un plan de formación. Cuadernos de Pedagogía nº 158 pág. 19)