Día das Letras Galegas 2011: Lois Pereiro, “O poeta punk”

Image

A imaxe de Lois Pereiro é un fiel reflexo dos anos oitenta da nosa Galicia: o punk, o pop, a apertura ás influencias europeas, a renovación da poesía galega... todo un cúmulo de circunstancias que caracterizaron unha xeración completa de galegos e galegas. Con todo, no medio desta voráxine de acontecementos, a biografía de Lois Pereiro amosa unha traxectoria única e particular que individualiza ao autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2011.

Dende marzo de 1963, data na que se sitúa a orixe do día das Letras Galegas a Real Academia Galega (RAG), distingue anualmente cada 17 de maio a unha figura destacada da cultura galega para honrar ás súas Letras e á súa Lingua. Neste ano 2011, o pleno da RAG, tras un intenso debate, decidiu adicar esta homenaxe ao poeta Monfortino Lois Pereiro, autor de culto falecido na cidade Herculina en 1996 e moi reivindicado pola novas xeracións literarias pola súa proximidade e a crudeza que emanan dos seus versos.

Con motivo desta xornada de celebración do idioma galego a través dun poeta distinto, peculiar e independente, elabórase o presente monográfico sobre a figura de Lois Pereiro Sánchez, como recoñecemento á labor de Lois e a de todos os seus compañeiros e compañeiras do denominado Grupo de Amor e Desamor. Un conxunto de dez poetas da talla de Pilar Pallarés, Lino Braxe, Manuel Rivas, Francisco Salinas, Xavier Seoane, Fernán-Vello....

Neste senso, abordase, por unha banda, a vida e obra dun mito da poesía galega contemporánea que colaborou a manter vivas as nosas señas de identidade: Biografía de Lois Pereiro: “O poeta punk (1958-1996)” e por outro, recompílanse as principais obras que nos aproximan á poesía vital do monfortino: Obras poéticas de Pereiro.

Seguidamente, na sección aberta á participación, Únete ao movemento! A qué actos conmemorativos sobre Lois tes previsto asistir coa escola, só ou en compañía de amigos e/ou familiares para celebrar o Día das Letras Galegas 2011?, habilitase un espazo de información e reflexión coa intención de que todos aqueles que o desexen acheguen os seus comentarios e intercambien información a cerca do tipo de actos conmemorativos aos que teñen previsto asistir ou que se están a levar a cabo ao redor do poeta punk.

Ademáis, ofrécense unha serie de Recursos Educativos e enlaces de interese sobre o galardoado, nos que se destacan algunhas Webs oficias sobre poesía así coma de enlaces a videopoemas, documentais e enlaces sobre o autor, que pretenden por de manifesto a importancia da figura do poeta galego e a súa transcendencia poética no eido da nosa Comunidade.

Para finalizar, ofrecemos como peche unha selección de Curiosidades sobre “O poeta punk”, que esperamos capten a vosa atención.