Loga

Loga

Loga é unha aplicación informática baseada na linguaxe LOGO,pero cun vocabulario reducido e localizado ao galego, deseñada para incluirse en páxinas web.

Loga tamén é a tartaruga que interpreta as ordes do usuario/a.

Loga non é logo, senon unha adaptación á realidade actual da filosofía constructivista que inspirou a creación da linguaxe logo por Seymour Papert.

A utilización dos ordenadores coma recursos didácticos, brinda unha excelente cantidade de contextos para a aprendizaxe constructivista, pero non resulta doado concretar as ideas en procedementos de traballo. Na maior parte das ocasións o alumnado enfróntase a entornos pasivos, que limitan a toma de decisións e anulan os mecanismos de creación.

Unha excelente aportación aos modelos constructivistas foi a aparición das webquest, que propoñen retos guiados e mergullan aos alumnos e alumnas nun entorno de traballo activo.

LOGA parte coa mesma filosofía que as webquest: plantexar retos, ofrecer un procedemento de elaboración, e analizar os resultados. Pero a diferencia dos webquest logo non precisa unha intervención continua do profesorado.

http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/innovacion06/mod_b/loga/index.html

https://forxa.mancomun.org/projects/loga/