O Arquivo do Reino de Galicia acaba de publicar unha carpeta didáctica para ESO e Bacharelato.
Con ela preténdese achegar aos alumnos de secundaria ao uso das fontes primarias conservadas nos arquivos históricos e ver o seu valor para a investigación na aula.
A carpeta céntrase no primeiro terzo do século XIX e está constituída por:
15 documentos reproducidos co máximo respecto posible ao orixinal na forma, color e contido.
15 fichas cun número variable de cuestións sobre o documento a que fai referencia cada unha delas, e que inserta unha imaxe relacionada co seu contido.
Fichas explicativas dos documentos con transcrición e tradución nos caos que a grafía resulta difícil de entender.
Introdución histórica para profesores.
Introdución histórica para alumnos.
A intención é que os centros de secundaria da provincia da Coruña empreguen esta unidade como apoio as clases teóricas coa finalidade de que os alumnos se acheguen aos testemuños escritos da historia e coñezan a importancia da custodia do noso patrimonio documental e o papel que representan os arquivos neste eido.
A publicación, que ten forma de carpeta, é o resultado dun largo proceso e múltiples xornadas de traballo dun grupo constituído por profesores de ciencias sociais e técnicos do Arquivo do Reino de Galicia. Tivo a súa orixe no ano 2008 tras una actividade sobre a “Microhistoria como recurso didáctico na Aula de Ciencias Sociais”, convocada pola Asesoría do Ámbito Humanístico do Centro de Formación e Recursos do Profesorado da Coruña, dentro da cal una das sesións tivo lugar no Arquivo do Reino de Galicia. Pretendíase unha aproximación ás características do Arquivo e ver o carácter práctico das fontes primarias para a investigación da historia local. De esta visita xurdiu un grupo de traballo formado por oito profesores e catro técnicos do Arquivo, que ao longo do ano 2009 elaboraron a publicación que se presenta.
A carpeta didáctica ten asociada a páxina web Facemos historia no arquivo: 1808-1833 ubicada no enderezo http://sites.google.com/site/1808ad/Home que pretende ser unha ferramenta de axuda ao uso desta carpeta.
Nela, ademáis do contido da carpeta, incorpóranse outros recursos e enlaces para ampliar coñecementos.