Identificación
Tema del foro: Foro de Informática, Videojuegos, Páginas Web...
"Magasi CD": Escolma de software libre para a escola
A través de Vieiros puiden ler unha nova moi interesante acerca da publicación do "Magasi CD", que contén unha colección de programas interesantes en software libre para destinado ó mundo educativo.
Algúns destes programas son os mesmos que se empregan no sistema Corunix que se está a instalar nas aulas, así que é unha boa idea descargar este CD para poder usar na casa os ficheiros que gravamos no cole.
A ligazón á nova é:
http://www.vieiros.com/publicacions/nova.php?Ed=42&id=50780
E a continuación cito a nova orixinal:
[19/06/2006 12:01] Ferramentas ofimáticas diversas, aplicacións
multimedia, xogos, trebellos para o manexo gráfico e mesmo peneira
de ligazóns, integran o "Magasi CD" elaborado polo profesor
Manuel González Regal, do IES Xulián Magariños, en Negreira. Unha
nova iniciativa chegada desde un instituto de ensino secundario
especialmente implicado na achega das novas tecnoloxías ao mundo
educativo, e que xa conta cunha ampla web e mesmo cun aula virtual.
O disco, do que xa se lle entregou copia a todos os profesores e
persoal administrativo do centro, e do que agora se lle fará entrega
ao alumnado, inclúe unha ampla escolma de ferramentas, reunidas baixo
cinco criterios: a utilidade para os membros da comunidade educativa;
a súa calidade; a súa libre distribución baixo licenzas GPL, MPL ou
semellantes e a súa funcionalidade en Windows. Ademais, valorouse a
existencia de tradución á lingua galega, e no CD mesmo se recollen
versións aínda non existentes nas páxinas oficiais dos respectivos
proxectos e traducidas ao galego por Manuel G.Regal, profesor do Ciclo
Formativo de Grao Superior de Administración de Sistemas Informáticos
do IES Xulián Magariños de Negreira, e promotor desta iniciativa.
Cada unha das ferramentas vai acompañada dunha explicación do
seu funcionamento, imaxes de exemplo, ligazóns vencelladas e
nalgúns casos manuais e titoriais de apoio. Entre outras, inclúe:
Ofimatica: OpenOffice, 7-zip, PDF Creator, Sunbird,Scribus, Abiword e
Notepad2; Gráficos: Blender, Inkscape, GIMP, Dia e Tuxpaint; Internet:
Firefox, Filezilla, Gaim, Thunderbird, NVU e BrazilFW; Multimedia:
VideoLAN, Audacity, CDex e Celestia; Portábeis: Abiword, OpenOffice,
Sunbird, Firefox, Filezilla, Gaim, Thunderbird, NVU e Apps Suite;
Xogos: Lbreakout2, SpaceInvaders, The Battle for Wesnoth.
Desde o xoves 22 haberá unha copia do CD en rede dispoñíbel para libre
descarga na propia web do centro[1]
[1] http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos