Identificación
Tema del foro: Foro General
Novo monográfico "2010, Ano do Libro e da Lectura en Galicia"
Consciente do valor estratéxico dolibro como instrumento para a expresión, promoción e a divulgación da cultura, da historia e da lingua da nosa terra, a Xunta de Galicia acordou declarar o ano 2010 como Ano do Libro e da Lectura e invita a todos os galegos a participar nos distintos actos que se están a realizar nesta conmemoración.
Dende a Web educativa municipal do Concello da Coruña, tentamos contribuír a súa difusión e ampliar así a seu festexo elaborando este novo monográfico "2010, Ano do Libro e da Lectura en Galicia":
http://edu.coruna.es/aprende_y_ju...ano_do_libro_e_da_lectura_en_galicia
Con moitos contidos interesantes: recursos educativos, unha enquisa, ligazóns de interese...
Animámosvos a visitalo!