Introduce tu login y clave para poder añadir comentarios.

Tema del foro: Foro General

Avatar del usuario

Novo monográfico "Día das Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra"

29 / abr / 2010 16:22 [Por gestionim]

Cada 17 de maio, Galicia honra ás súas Letras e á súa Lingua, e o plenario da Real Academia Galega decidiu adicar o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas de 2010, ao poeta Uxío Novoneyra (Parada do Courel 1930-Santiago de Compostela 1999).

Con motivo desta xornada de celebración do idioma galego a través da manifestación literaria dun poeta comprometido coa nosa terra, elaboramos na Web educativa municipal un novo monográfico sobre a figura de Uxío Novoneyra, dado que, este día conmemorativo constitúe unha celebración de gran repercusión en Galicia e cunha evidente influencia no eido educativo.

Se queredes visitalo é moi sinxelo, só tedes que facer un clic na seguinte ligazón:

http://edu.coruna.es/aprende_y_ju...s_letras_galegas_2010_uxio_novoneyra