Identificación
Tema del foro: Foro General
Novo monográfico: Día das Letras Galegas 2011, Lois Pereiro
A imaxe de Lois Pereiro é un fiel reflexo dos anos oitenta da nosa Galicia: o punk, o pop, a apertura ás influencias europeas, a renovación da poesía galega, o envelenamento polo aceite de colza, a droga... todo un cúmulo de circunstancias que caracterizaron unha xeración completa de galegos e galegas.
Con todo, no medio desta voráxine de acontecementos, a biografía de Lois Pereiro amosa unha traxectoria única e particular que individualiza ao autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2011.
Na Web educativa municipal ofrecemos este novo monográfico, dirixido principalmente á comunidade educativa, onde atoparedes os seguintes contidos:
- Biografía de Lois Pereiro: “O poeta punk" (1958-1996)
- Obras poéticas de Pereiro
- A qué actos conmemorativos sobre Lois tes previsto asistir coa túa escola, só ou en compañía de familiares e/ou amigos para celebrar o Día das Letras galegas 2011?
- Recursos educativos e enlaces de interese sobre o galardoado
- Curiosidades sobre “O poeta punk”
O monográfico completo a tan solo un clic en:
http://edu.coruna.es/aprende_y_ju...legas_2011_lois_pereiro_o_poeta_punk